EDIFICIOS NOBILIARIOS
EDIFICIOS NOBILIARIOSO Pazo de Cadaval: Situado na parroquia de Quintenla no barrio de Cadaval.
Fundada no século XIV. Casa nobre adicada o oratorio, construída con ricas madeiras de castaño e que moitas aínda se conservan intactas; seguindo un escuro e silencioso pasillo atopámonos cun enorme salón que estivo adicado a recepcións e que se comunica interiormente cunha torre que miraba ó norte; esta torre destruíuna o coñecido Pedro Álvarez de Sotomayor, "Pedro Madruga". O sur había outra torre nas cales se atopaban culebrinas de bronce das cales se fixeran as campás da Igrexa do Porriño. O único canón que existe de dita torre posuíao dona Delia R. Sarmiento de Córdoba no seu domicilio de tui; esta torre era a favorita de aquel patricio que se chamou don Vasco González de Cadaval, neto de Fernán Pérez de Churrucho. Dende alí contémplanse unhas pedras con un altorelieve e hunhas letras ilexibles que se di que pertenceron o edificio do antigo Concello de Tui.
Quinta do Agro: Situada na parroquia de Centeáns. Fundada polos Señores don Manuel Bueno e Dona Felisa Táboas no ano 1479, o falecemento de ambos, que non tiñan descendencia, ocupou por un tempo a casa a familia dos Sequeiros, máis tarde os señores de Domínguez, e na acutalidade o señor Avendaño. Trátase dun pazo en forma de L que impresiona pola súa fachadatelón pechada, rematada por pináculos e almenas.