HISTORIA
PONTELLAS
Despois de San Benitiño ven o Señor San Campio e para o cinco de Agosto a moreniña d`o Castro (Canción popular 1800).HISTORIA
"Enclavada no máis belo lugar do municipio porriñés e regada polas cristalinas augas do Louro, atópase a antiga Pontellis, actualmente Pontellas, fundada por don Manuel Bueno e a súa muller dona Felisa Táboas no ano 1470 ..."
Así comeza o artigo de Don Leandro Díz sobre a parroquia de Pontellas en Recuerdos Porriñeses.
Pntellas foi fundada por este matrimonio filántropo, sendo dona Felisa coñecida entre a comunidade como "nosa naisiña". Este matrimonio fundou a "Casa do Agro" no ano 1479, situada moi cerca da ermida de San Campio.
Nas escrituras antigas atópase co nome de Pontelis, Pontillis, Pontelas e Pontellas. O 29 de outrubro do ano 1024, o rei D. Alonso V fixo doazón de ela enteira coas súas pertenzas o Bispo e igrexa de Compostela, en marzo de 1469 o Provisor do Ilmo. Sr. D. Rodrigo de Vergara, deu este beneficio a Arcedano de Montes, D. Vasco de Marzoo, con perpetua unión de el a de Caldelas de Tui, e no de 1489, o Sr. Obispo. D. Pedro Beltrán, uniuno a Mesa Capitular do Deán e Cabildo da mesma igrexa.
Na entrada principal desta parroquia e cruzando o Louro, existe unha ponte romana coñecida como a "Ponte de González Méndez", vulgarmente, "das Amendoas" que ostentou nun dos piares o escudo do Porriño e que un ilustre fillo desta vila copiou e colocou no centro da mesma. A parroquia é atravesada polo antes mencionado río Louro e o regato de Centeáns, hidrografía que concede a parroquia unha gran fertilidade e seu propio nome, derivado da grande cantidade de pontes e pontellas que salvan a cauce dos ríos. Pontellas conta cun censo de 1624 habitantes.