OS MOUROS EN PONTELLAS

OS MOUROS EN PONTELLAS

Os mouros son , con toda seguridade, personaxes máis coñecidos de todos cantos habitan na nosa rica mitoloxía popular. Cada recanto, cada penedo, cada cova, cada castro agocha entre as súas pedras ese mundo subterráneo no que habitan eses seres que gardan fabulosos tesouros, son protagonistas de historias increibles, fillas do imaxinario colectivo. Pero moi poucas, por non dicir ningunha como a dos mouros de Pontellas. Segundo a mitoloxía Popular Galega cóntase, que os feitos aconteceron nos arredores do castro de Pontellas. Alí vivía un grupo de mouros: O caso foi que no castro de Pontellas dous mouros discutiron, por algunha razón non especificada, e que a consecuencia de esa discusión foi como segue. O primeiro dos mouros, o dos arredores, facendo acopio dos seus poderes máxicos, enviou sobre o castro de Pontellas, unha praga de ratos. En resposta a esta actutude, o mouro afectado reaccionou facendo "que a muller, ou a filla, ou se cadra un familiar do outro", vestise unha saia máxica que provocou a súa infertilidade.
A vinganza é relativamente habitual, e o uso de poderes máxicos, incluso para levala a cabo, tamén. Que esa vinganza recaia en terceiras persoas tampouco resulta estraño, e o emprego de saias e outras prendas como causas do mal, tamén e frecuente. A infertilidade non é un castigo cotián, pero tampouco inaudito. O asunto dos ratos, en cambio. estraña mestura entre as pragas bíblicas e o conto do Flautista de Hamelin, tamén resulta un tanto chocante.
De modo que cando pasedes polos arredores do Castro de Pontellas tede moito coidado. Nunca se sabe ate onde pode chegar un mouro enfadado.

"Recuerdos Porriñeses". Leaandro Diz Rey. 1956. O Porriño
Malladoura. Nº13- setembro 2007. O Porriño.
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis